Vinlle as pernas a Carmiña

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

Vinlle as pernas a Carmiña


Bustelo de Lor, VILAR DE LOR (SAN XOSÉ), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Luis Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida dos Cantores de Bustelo do Lor

Detalles

Anda diciendo tu padre
que a mí no me puede ver
dile que no turbie el agua
cuando tiene que beber.

Anda diciendo tu suegra
que a mí no me puede ver
dile que no turbie el agua
si la tiene que beber.

Por querer y ser querida
me "marmularon" los socios
es envidia declarada
que tienen los envidiosos.

I a raíz do toxo verde
é moi mala de arrincar
i os amoriños primeiros
son moi malos de olvidar.

Queridiña doenche os ollos
tamén che me doin os meus
vámolos lavar ao río
onde a troita lava os seus.

Non te cases cun viudo
porque teña moita roupa
por calquera picachada
mulleriña érache a outra.

Anda diciendo la gente
que yo me muero por ti
que me muero no es verdad
pero que te quiero sí.

El carbón que ha sido brasa
con poco "lume" se enciende
el amor que ha sido amor
con poco cariño vuelve.

Vinlle as pernas a Carmiña
por baixo do corredor
ai que pernas tan bonitas
prá filla dun labrador.

Tira castañas arriba
tira castañas abaixo
tirame das máis grandes
que ás pequenas non me abaixo.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona