Dúas doncellas fermosas

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

Dúas doncellas fermosas


A Vacariza, ENCIÑEIRA (SANTA ISABEL), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Isabel Fernández García

Detalles

Andándome paseando
unha tarde dúas horas
ai vira estar unha chinela
dúas doncellas hermosas.

Ai "nemoreime" da morena
pola ver tan generosa
ay la blanca en visto aquello
luego se mostró queixosa.

Ay cale usted señora blanca
non sea tan envidiosa
que mui pronto lle eu direi
o que a morena lle importa.

Ai moreniño é o rei
i o Padre Santo de Roma
ai moreniño é o manto
da Soberana Señora.

Ai moreniñas son as mulas
i os cabalos corredores
ai moreniñas son las abejas
ao seu amo porveitosas.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona