Serrana por tu querer

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

Serrana por tu querer


Bustelo de Lor, VILAR DE LOR (SAN XOSÉ), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Luis Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Ramón Carballedo Sánchez

Detalles

Serrana por tu querer
a la mar me tiraría
pero tírate tú antes
e dime se está muy fría.

Quéroche ben que non me comes
que del aire te mantienes
te dejas morir de hambre
por me dejar lo que tienes.

Non me días na barriga
que me doe que me atormenta
dame un pouco más abaixo
na caixa da ferramenta.

Maruxiña do Forneiro
se cociñas faime un bolo
faimo de fariña triga
que eu centeno non cho como.

Eu pedinllo a unha nena
na portela dun lameiro
e respondeume a picarona
- Casa conmigo primeiro.

Eu pedinllo a unha nena
i ela díxome: - Busco tú
eu busqueillo na cabeza
i ela díxome no cu.

En el mar se crían peces
en el río caracoles
y en la tierra también se crían
niñas guapas como soles.

I o carbel cando nace
reventa por catro esquinas
i o amor cando pretende
non conta máis que mentiras.

El río que si que es sucio
el arroyo si que es claro
más vale poquito y bueno
morena que mucho y malo.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona