Rosiña da Cunqueira

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

Rosiña da Cunqueira


Bustelo de Lor, VILAR DE LOR (SAN XOSÉ), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Luis Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Mª del Carmen Baldonedo Pardo

Detalles

Un día estaba na aira
Rosiña da Cunqueira
lendo unhas coplas bonitas
á sombra dunha figueira.

E así estaba entretenida
sentíu abrir a cancela
era un rapaciño guapo
que viña pa xunto dela.

Víñache o demo contigo
díxolle a Rosiña así:
- Non digas eso muller
que vou pa xunto de ti.

Pois logo séntate un pouco
se é que non tes moita prisa
que che hei ler unhas coplas
que te fan doblar coa risa

Pican un pouco no verde
pero a fe son muy "priciosas"
que che poñen os "defeutos"
dos mozos e máis das mozas.

Rosiña o que esto oíu
alegróuselle o fuciño
sin pensarse máis nas coplas
díxolle ao seu Ricardiño:

- Se te casaras conmigo
teu pai rompía hasta o pote
xa sabes que non me quere
porque teño pouco dote.

E anque teñas pouco dote
has de ter un bo xardín
i anque o teu pai non queira
eu heime recrear ben nil.

Rosiña que esto oíu
alegróuselle o fuciño
i antes de ser moito a noite
díxolle ao seu Ricardiño:

- Á pobre da Rosiña
moi largo se lle fixo o día
sería que tiña sono
ou lle doía a barriga.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona