A filla de Saturno

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

A filla de Saturno


Quiroga, QUIROGA (SAN MARTIÑO), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Aurea García Rodríguez

Detalles

Saturno tén unha filla
que lle chamaban Leonor
un día estaba sentada
cosendo no corredor.

O corredor era vello
tiña buracos no piso
todos os que iban por baixo
víanlle o paraiso

Mais o fillo do Estanqueiro
que viu elí en Leonor
marchou como unha centella
pra baixo do corredor.

Leonor toda asustada
quixo tapar de seguida
pegou un brinco pra tras
maechou de patas arriba.
E non te enfades Leonor
porque as pernas che mirei
xa sei que as tes moi bonitas
contigo me casarei.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona