"Se queres que vaia verte..."

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"Se queres que vaia verte..."


CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: música

Contido

Recollida de Mercedes, labrega de 79 anos, Carme, labrega de 72 anos e Manuel, de 85 anos. O Cancioneiro Popular Galego destaca de Mercedes: Mercedes canta dunha maneira moi persoal e expresiva (Schubarth, D. e Santamarina, A. (1986). "Cancioneiro Popular Galego. Festas Anuais". A Coruña: Fundación Barrié. Volume II, tomo I, p. 238). Mercedes é a única informante que realiza esta formación rítmica da muiñeira vella con acentos moi fortes na sílaba tónica (Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié. Volume IV, tomo I, p. 215).

Detalles

[Se queres que vaia verte]
meniña ió teu lughar-e
has de prende-los canciños
que non fan se non ladrar-e

Os canciños non os prendo,
que non me qued’outro can-he
/: se non podes vir á noite
virás á po-la mañan-he :/

(VI 1140)
/: Heite d’amar se non morro :/
/: na túa camiña nova
déixame dormir un sono :/

(VI 1027)
/: Déixam’ir que logho veño :/
Déixam’ir segha-la iherba
ó mellor prado que teño

Ai la ra la la la la...

(VI 976)
Se queres saber quien soye
abre la ventana y mira
yo soy aquel desgraciado
que algún día te quería

Ai la ra la la la la...

(VI 211)
Por ti me marmura ‘l mundo
por ti m’ha de marmurare
/: porque toco a pandeireta
din que non sei traballare :/

- Bueno, pois...
- ... mui bonito este.
- Moitos anos, moitos anos ... non sabe?
- No, bueno, aghora xa se me olvidaron moitas.
-...
- Si. Ando en setenta e nove anos.
...
- Home, siempre. Siempre acordan os cantares e un anda traballando e anda desentretenido e entonces...
...
- Voulle contar o conto deses dou vellos que tiñan o pote das papas que lle marchou o becerro ele pa corte.

Nunha ocasión foron á feira da Estrada (...) Foron á feira da Estrada os dous. E resulta que tiñan tres mil reás, que daquela eran moitismos cartos, alá neses tempos de María Castaña hai moitos anos que pasou, que xa eu teño moitos anos e eu era moi rapás. E resulta que, esto, tiñan os tres mil reais metidos nunha fiambreira alá no faiado e non ghastaban unha perra porque tiñan aquelo moi aforradiño moi tal. E resulta que tocaron na esclava cun certo larpeiro que dixo que por tres mil reás que lles daba tres mil pesetas, cousa que non vexo eu moito ao caso porque ninguén da os pesos a seis pesetas. E resulta que os pobres homes, o pobre matrimonio, esto, dixeron:
- E tal, pois, si nos dan tres mil pesetas son moitos mais cartos.
E entonces o fulano, era un timador destes que andan por aí timando a Xan e a Pedro.
E resulta que déronlle un estuche moi bonito. E eles viñeron co estuche:
- Mirade! Aquí xa vos van mitá dos cartos. Dentro do estuche. E mañán ides a Matamulleres e levámosvolo o resto.
Dixo:
- Bueno, moi ben.
Os pobres vellos viñeron pra casa máis contentos ca pouco. E resulta que andaba o vello na eira.
- Ai carajo! Nós habemos comer polo e os veciños han de comer merda. Ahora temos cartos!
E resulta que marcharon pa Matamulleres e tuveron deitados alá á sombra no monte esperando que viñera o fulano, pero o fulano no veu aínda hoxe. E resulta que abriron o estuche, e que tiña? Papeles de periódico. E despois tíñano na casa o home desta muller que está aquí. E díxolle:
- Pero vos que fixestes?
- Vannos dar moitos cartos, van, van.
- A ver o estuche?
Pero o estuche tiña periódicos dentro. Dixo:
- Bueno, fixéchela boa.
Despois o vello a pouco máis morre co disghusto. Porque os tres mil reás non apareceron máis.

- Púxose mal da cabeza. Co disghusto.
- Ahora conta ti.
- Púxose mal da cabeza co disghusto eh.
- Puxo, puxo.
E o meu home. O meu home, que foi o primeiro, esto ... pa baixo que están escoitando, e decíalle o velliño, decíalle:
- Carme! Aghora habemos comer contigho. Habemos comer contigo. E imos comer polo. E os veciños non comen nada, e nos comemos, habemos comer polo!
E o meu home taba escoitando ao Manueliño ... taba escoitando debaixo da cama. Debaixo da cama como falaban os vellos. Que taba heredando aqueles bens que vin eu pa eles. E resulta que o estuche tiña pariódicos e taba pechado e non tiña nada máis que pariódicos. E despois o vello púxose mal da cabeciña.

- É un disghusto porque aforraran toda a súa vida. Facía uns queixiños a pobriña vella e co medo pa que ... pa que Manueliño non lle fora a eles. Ai Dios mío! e non me viñeron os paxaros comer o queixiño á ventana? E viñeron os paxaros picalo, ai malo raio chos partira! Vaite paxaros do demo! Quén era? Era Manuel. ... escalaba po queixo e comíao. ...

...

Pois a min unha vez aquí, viñemos o xenro desa mais eu. Esto, con don Jesús tiña aquí un amigho del, que era cura tamén. Viñera de Venezuela, dond’a don Saturnino. ... a don Jesús. E Barreiro, o xenro desta muller, veu ond’a don Jesús pra bautizar ao rapás, non sei si era... cal das rapás era, cando casou a súa filla, home a... (si, si, ben sei, si). E veu, e eu iba pa’O Pucho. E resulta que don Jesús veume e Barreiro subeu pa riba. E díxolle don Jesús a Barreiro, díxolle:
- Quen foi ese que... quen era ese? Non era Mato?
- Si.
- E pa onde vai?
- Vai pa’O Pucho.
- Vaite alá ti tamén e dille que veña por aquí e botamos unha partida.
E entonces Barreiro cheghou ao Pucho e díxome:
- Oe Mato, e díxome don Jesús que vaias, que veñas comigho.
Díxenlle eu:
- Bueno e que? Tes que firmar alghún papel ou (porque viña a bautizar o rapás e máis polo casamento da cuñada). Tes que firmar alghún papel?
- No, non, quere botar unha partida. E don Jesús foi pillo, que encarghoume un paquete de tabaco pa que volvera. E así queda en provisión, coño.
- E logho, ... ando no centeo toda a tarde. E díxenlle as mulleres, a miña mullere e mais a miña nai, que en paz descanse, díxenlle eu: Preparade a cea que eu vou ao Pucho pero veño rápido.
Esto era o vinte e seis de junio. E resulta que elas prepararon a cena e eu chéghame o Barreiro co lío ese, e entonces díxenlle eu:
- Ai non podo, que eu teño que marchar pa casa pronto e marcho cansado.
E dixo el:
...
Pero coño, cheghamos aí e entrou Barreiro diante, e díxolle don Jesús:
- E Mato non ven?
- Si, ven aí.
- Ai bueno.
E entonces don Jesús:
- Bueno, ímos botala partida.
E don Jesús tiña o costumbre, aquí de que o que perdía, tomar un vaso de aghua. E entonces díxenlle eu:
- Bueno eu a partida bótolla, pa enredar pouco. Pero a aghua non lla tomo.
- Pero teño coñac, e teño viño e tal.
- Bueno, si é así a cousa, bien.
Resulta que empezamos aquí, aquí neste sitio. Eu estaba aquí. Barreiro alí, o don Jesús aí e o outro aí. E empezamos a xoghar á escoba, a xoghar ao tute, e veña partida, e veña viño, veña coñac, veña aghuardiente. O que pasa é que eran as catro da mañán cando salimos de aquí. E baixei por alí abaixo e en vez de ir pola carretera, seghín de frente polo terraplén e caín embaixo e ... E resulta que viña xa a miña muller e miña nai en busca miña. Porque iba vir de contado, eran as catro da mañán e non aparecera, e viña un vesiño noso con elas tamén. Entonces sentiume roñar alí no fondo das coles:
- Mato!
- Que pasa?
- Pero onde estás?
Porque non se vía nada. E taba embaixo entre as coles. E despois fun pa casa. E tuven suerte de non me matar.
E quero decirlle con esto que, aquel día afumeim... eu baixaba por aí abaixo pero caín. Aquí non se vía co fume do tabaco, todos a fumare. Pero despois tomamos unha botella de coñac, aguardiente, viño., ghalletas, xamón, que sei eu. Agora que, eles tamén iban... eles iban ghobernados tamén (risas). E Barreiro perdeu a partida. E usté acordarase deso (si, si). Perdeu a carteira e despois houbo pola mañán ir por ela. Pero... Eu salín por aí abaixo que ... todo é dereito. En vez de coller pola carretera abaixo, collín pa baixo e logho cheghei ao fondo. Non me levou moito tempo. E iso está alto. Pero nada, non me levou moito tempo.
- Pero tiña esto gravando?
- Ta!
- Si si.
- Home e non!

Alá en Ribeira. Nunha parroquia de Ribeira, que usté non sabe onde é pero aí ... Pois había un matrimonio e resulta que tiñan a casa vella, e foi alí un veciño, ousea máis ben un irmau da mullere. Foille poñer unha cociña desas, unha cociña económica, nunca viran cociña económica nin miraran tal. E resulta que prendéronlle lume á cociña, e a cociña, claro, empezou a funcionar, e poñían unha pota e poñíano na outra, e fervían as potas nun sitio e noutro. Despois a pobre muller, nunca vira tal cousa, e non facía máis que, cheghaba calquera e dice:
- Oe, mira a cociña que ben ta. Aquí férve, e alí volve a fervere e aquí ferve tamén.
E o home cansouse e dixo:
- Pero ti que falas Manuela? Ti que falas? E estás contando o conto ese.
- Pois cóntallo ti Visente, oíches, Visente, aquí ferve e aquí ferve o tal e alí volve a fervere.

- Estas son tonterías verdá. Cousas pequenas.
...

(VI 169a)
Te voy dar la despedida
no te la quisiera dare
/: que se marchan mis amores
no me quieren aguardare :/

(VI 782)
a) Te voy dar la despedida
no te la doy sin motivo
que te quedan aghuardando
hacer un malo partido

b) malo partido no es
ni lo tienes porque hacer
yo a ti siempre te quise
y te tengo de querer

- Adiós! Moi buenas!
- Saben os cantores ben eh.
- Si! Como cantan!
...

(VI 2169)
Si la gracia se comprara
eu tamén a compraría
/: pero como non se compra
douna Dios a quen quería :/

(VI 1498)
a) Los trabajitos del mundo
pasan las pobres mujeres
que esperan por sus maridos
todä la noche y no vienen

b) unos venían cantando
otros venían aleghres
otros venían diciendo
vamos matar las mujeres

(V 242a)
Chamáchesme conexeira (rachafaldra)
heite de mandar prender
ónde me viches na feira
con conexas a vender

E ti telo e telo
e non o queres dar
cando seas vella
ha-lo de salar (ghisar)
ha-lo de salar (ghisar)
ha-lo de ghisar (salar)
e ti telo e telo
e non o queres dar

(I 317c)
Para cuñas pau de toxo
para eixo do carballo
/: para contenta-las nenas
a cabezalla do carro :/

Chámachesme moreniña
heite de mandar prender
ónde me viches na feira
con morenas a vender

E ti telo e telo
e non o queres dar
e despois de vella
ha-lo de salar

(V 255d)
Chamácheme pitu cairo
porque nacín en xaneiro
inda ti non e-lo galo
que canta no meu puleiro

Na beira, na beira
na beira do mar
hai unha sardiña
pra ir a navegar
pa ir a navegar
pa ir a navegar
na beira, na beira
na beira do mar

Referencias bibliográficas:

Schubarth, D. e Santamarina, A. (1984). "Cancioneiro Popular Galego. Oficios e labores". A Coruña: Fundación Barrié.

Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Cantos dialogados". A Coruña: Fundación Barrié.

Schubarth, D. e Santamarina, A. (1993). "Cancioneiro Popular Galego. Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos". A Coruña: Fundación Barrié.

Notas de Dorothé Schubarth

Categoría

Coplas

Notas

Transcrición: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

Sinatura

SCSA-CD/0225

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

"Toñico tiña unha filla ..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Se non tendes sacho..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Ai entrai ó baile bailare..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Dos mociños e das mozas..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Cuando en Matanza supiera..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Carballeira de San Xusto..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Anque che son de Callobre..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Eu queríame casare..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Era un home que había nunha parroquia..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Unha vella fixo papas..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Xa fun a Marín..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina