"Era un home que había nunha parroquia..."
TweetCancioneiro popular galego
O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.
"Era un home que había nunha parroquia..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Compilador: Dorothé Schubarth
Tipo: voces
Contido
Recollida de Manuel, de 85 anos.
Detalles
Era un home que había nunha parroquia que era moi amigho de ir á misa. E un día tamén foi e resulta que tiña unha oferta feita por un fillo que tiña no servicio, ou que lle iba pa’o servicio. E resulta que púxose detrás do cura, tando arrodillado e dando besos no altar. E o home andaba en calzoncillos e tantos besos, tantos besos dou, que lle abriron os calzoncillos por detrás. E resulta que a xente ría que non tiña traza. O cura en vez de meter o cáliz na boca, meteu’no candelero. O sancristán non atendía a atender ao cura. E resulta que a xente rindo, e rindo e rindo, e por fin acabouse a misa. E el saleu da iglesia no medio de toda a xente, pero un compadre del que se chamaba ... dixo:
- Home, home, sal pa fora. Parece mentira que seas tan religioso e viñeras facer esas cousas á ighlesia.
- E logho que fixen? Así que por facer unha ofreta que teño feita polo meu fillo que se libre do servicio, e é facer mal eso?
- ... tí farías a ofreta de que se libre o fillo do servicio e mais do servicio das armas, o que é ti, amostraches os balotes polo burato dos calzoncillos canto che dou a ghana.
Categoría
Contos
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
Sinatura
SCSA-CD/0225
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
Varios texos
Friamonde, CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
"Toñico tiña unha filla ..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Se non tendes sacho..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Ai entrai ó baile bailare..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Dos mociños e das mozas..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Cuando en Matanza supiera..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Carballeira de San Xusto..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Anque che son de Callobre..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Eu queríame casare..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Unha vella fixo papas..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Se queres que vaia verte..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Xa fun a Marín..."