"Eu queríame casare..."

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"Eu queríame casare..."


CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: música

Contido

Recollida de Mercedes, labrega de 79 anos, Carme, labrega de 72 anos e Manuel, de 85 anos. O Cancioneiro Popular Galego destaca de Mercedes: Mercedes canta dunha maneira moi persoal e expresiva (Schubarth, D. e Santamarina, A. (1986). "Cancioneiro Popular Galego. Festas Anuais". A Coruña: Fundación Barrié. Volume II, tomo I, p. 238). Mercedes é a única informante que realiza esta formación rítmica da muiñeira vella con acentos moi fortes na sílaba tónica (Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié. Volume IV, tomo I, p. 215).

Detalles

(VI 1672a)
Eu queríame casare
túa nai di que no hai roupa
/: cáseme padre del alma
qu’unha perna quent’à outra :/

(VI 611a)
Si quieres que yo te quiera
has de olvidar a quien amas
/: nese corazón tan chico
no pueden caber dos almas :/

(VI 837)
Olvidácheme por pobre
eu a ti por vaghamundo
/: o día que ti naciche
naceu a peste do mundo :/

(IV 199d)
I aldeíña de Callobre
de lonxe parece vila
un caravel na entrada
unha rosa na salida

(VI 1842)
Vente por aquí Gosé
prenda do meu paladar
vente por aquí Gosé
que eu non che hei facer falar

(VI 571)
Dicen que tus manos pican
para mí son amorosas
también pican los rosales
y de ellos sale la rosa

- E é certo.
- Claro que é.
- As cousas que di ela son certas. Todas certas. (risas) E ben ditas.

(VI 611a)
Se quieres que yo te quiera
has de olvidar a quien amas
nese corazón tan chico
no pueden caber dos almas

...

Xa fun a Marín
xa pasei o mar
ahora son mariñeiro
xa fun a Marín
xa pasei o mar
ahora son mariñeiro

Dios cho pague, pague, churrusqueira
moito cho hei de agradecer,
cando vou, cando vou ó teu muíño
sempre me deixas moere
/: Moendo, moie que moie
moendo, moie que moie
moendo na muiñada :/
(unha mañá de xiada)

Xa fun a Marín
xa as pernas che vin
o teu bicho negro
tirábase a min
xa fun a Marín
xa por mar pasei
xa fun ao servicio
e servín ao Rei

(VI 1932a)
Ai o paxaro de María
ándame nas miñas zreixas
/: come paxariño come
verémo-las que me deixas :/

Unha noite no muíño
unha noite non é nada
/: unha semaniña enteira
esa si que muiñada :/

...

Era un cura destes que hai nas aldeas que por medo de non morrer afoghados nin se de, de ghastar canto teñen, non se lavan nunca deixando que a morriña os cubra derde os pes á cabeza. A este do meu conto nacéronlle uns pelos dentro das orellas que mais ben orellas parecían dous anacos de touciño. De virtudes andaba, coitado, tan mal como de limpeza. Tiña uns zapatos con tantísimos remendos que o mellor zapateiro non era capaz de decir con certeza cal era o xenero primitivo. Ahora que si, tocante a mulleres, non deixaba quedar mal aos coleghas.
Un día estuvo falando cunha veciña, muller dun ferreiro. E díxolle:
- Tes uns ollos Pepa, que non pode un mirar moito tempo pra eles sin sentir cóxeghas por todo o corpo.
- Carainas don Clemente, que amigho é usté de burlarse!
- Non, burlarme, non. Quen puidera falar contigho un par de horas onde [...] Bueno si, pero ahora non é a cousa a propósito pa contarche catro misterios que hai na vida, catro cousas.
- Bueno don Clemente. E eso que me quería contar usté ten algo que ver con Dios e mais cos santos?
- Si. Se buscas a ocasión de estar conmigho un par de horas onde ninghén nos vexa. Podes facer de conta que se salvou a túa alma.
- Ai pois eu teño moito interés en saber eso. Quero ir pa’o ceo.
- Pois nada. Podes facer de conta que te salvaches.
- Pois logho esta noite na miña casa.
- E Xuxé?
- Xuxé nada, que vai á feira a Lestedo a vender uns cuantos leghós e non está na casa.
- Bueno pois alá vou. Ár des alá estarei.
A muller cheghou á casa e dixo:
- Xuxé, vouche contar un caso que me aconteceu hoxe con don Clemente.
- E estivo contigo?
- Estivo. E díxome que quería falar comigho un par de horas onde ninghén nor vise.
- E ti que lle respondeches?
- Que viñera esta noite pa miña casa, que ti non estabas.
- Ai malo raio che me fenda a cabeza. E dixo que viña?
- Si. Quedou de estar aquí ár des.
- Bueno, pois, ti deixa a porta acheghada pa que eu poida entrar. Que despois xa eu me encargharei de que lle lembre o día sete de natal.
- Oye, e se fas unha morte?
- Ti cala a boca que eu ben sei o que hei de facere.
Meu dito, meu feito. Inda non deran as nove, xa don Clemente estaba rabuñando a porta. Entonces ela abreulle, e el entrou. Pasoulle unha man pola cara e ela xa andaba dun lado po outro, e el andaba como un touro bravo pola cociña. O home tardaba e ela xa se vía comprometida co condenado do crego.
Cando de repente entrou o home pola porta pa dentro con dous criados armados de paus. Non direi a que, a que alí mallaron. Non lle puñeron o corpo negro porque xa el o tiña de non se lavar nunca, pero levou uns fungheirazos como é debido.
Despois colleron e desnudárono e metérono nunha corte onde Xuxé tiña unha vaca parida con dous becerriños que aínda mamaban. Ai! Alí as que pasou cos diaños dos becerros toda a noite! Un turra por aquí, outro turra por alí, o cregho non puido cerrar ollo no resto da noite. Entre o dolor dos fungheirazos que levara mailos escornazos dos touros, veuse perdido.
O outro día, a xente, no adrio da ighlesia decía:
- E que lle pasaría a don Clemente pa non decir misa hoxe?
Un rosmaba dun lado, outro rosmaba do outro. E entonces xa o pedaño con dous homes quería entrar na casa do cura a ver o que lle pasara, a ver si lle entraran os ladróns na casa e o mataran ou a ver que pasaba.
E entonces, ela vendo o rebumbio que había colleu e abreulle a porta da corte e saleu pa fora e díxolle:
- Adiós, meu amante.
E díxolle el:
- Adiós, miña besta! E dille a teu home que si quere mante-los touros, que compre herba.

Referencias bibliográficas:

Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié.

Schubarth, D. e Santamarina, A. (1993). "Cancioneiro Popular Galego. Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos". A Coruña: Fundación Barrié.

Notas de Dorothé Schubarth

Categoría

Coplas

Notas

Transcrición: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

Sinatura

SCSA-CD/0224

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

"Toñico tiña unha filla ..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Se non tendes sacho..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Ai entrai ó baile bailare..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Dos mociños e das mozas..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Cuando en Matanza supiera..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Carballeira de San Xusto..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Anque che son de Callobre..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Era un home que había nunha parroquia..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Unha vella fixo papas..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Se queres que vaia verte..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Xa fun a Marín..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina