"Anque che son de Callobre..."
TweetCancioneiro popular galego
O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.
"Anque che son de Callobre..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Compilador: Dorothé Schubarth
Tipo: música
Contido
Recollida de Carme, labrega de 72 anos, Mercedes, labrega de 79 anos e Manuel, de 85 anos. O Cancioneiro Popular Galego destaca de Mercedes: Mercedes canta dunha maneira moi persoal e expresiva (Schubarth, D. e Santamarina, A. (1986). "Cancioneiro Popular Galego. Festas Anuais". A Coruña: Fundación Barrié. Volume II, tomo I, p. 238). Mercedes é a única informante que realiza esta formación rítmica da muiñeira vella con acentos moi fortes na sílaba tónica (Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié. Volume IV, tomo I, p. 215).
Detalles
(IV 374a)
Anque che son de Callobre
anque che son callobresa
anque che son de Callobre
anque che son non me pesa
(IV 199d)
Aldeíña de Callobre
de lonxe parece vila
/: un caravel na entrada
unha rosa na salida :/
(VI 2154)
Ven acá qu’yo te diré
la causa d’yo ser morena
qu’estoy adorando el sole
y con sus rayos me quema
(VI 1115d)
Se mo deches non mo deras
se eu pedir non cho pedinhe
/: déchesllo a quen quixeches
quéresmo cobrar a minhe :/
(IV 799)
A tod’òs Santos le rezo
San Antonio es el primero
/: porque San Antonio es
la prenda qu’yo más quiero :/
(VI 2277)
Túa nai non o tén
teu pai non cho dá
e dónde che veu
do trailalalá
do trailalalá
do trailalalá
túa nai non o tén
teu pai non cho dá
(VI 1078)
Eu pedinllo a unha nena
ela dixo que vería
a resposta non foi mala
para volver óutor día
(VI 2277)
Túa nai non o tén
teu pai non cho dá
e dónde che ven
do trailalalá
do trailalalá
do trailalalá
túa nai non o tén
teu pai non cho dá
(VI 1660)
/: Heime de ir alá pa riba :/
/: a quén eu hei de deixare
reghalo da miña vida :/
(VI 2154)
Ven acá qu’yo te diré
la causa d’yo ser morena
qu’estoy adorando el sole
y con sus rayos me quema
As mociñas de Callobre,
non é unha que son todas
/: para te-las pernas gordas
poñen tres pares de medias :/
Aldeíña de Callobre
no medio ten un loureiro...
(Risas)
[...]
- Vaille saír unha chafallada.
- Cando un anda traballando, é cando máis se acordan. Pero agora...
- E si a ti acórdanche todas.
- Acórdanme todas.
...
- Que edad tiñas cando oíches nas feiras?
- Esto oíallo cantar aos ceghos e despois trouxen a copla e aprendina. E xa digho, pero teño dez anos por aí tería.
...
- Teño medo a cantar alghunha xa do anterior.
- Pero espérame, pásalle aquí e non hai apuro.
...
- É igual canta.
- Xusto ten apuro publicamente. Que ademais non hai apuro, pensa un pouco e despois ... nunha os dous xuntos.
- ...
- Pódollo contar.
- Cóntame ese.
- Está?
Era un matrimonio que tiña unha filla. E o matrimonio, o vello, era como a virghen do puño. Entráballe perra na casa e na soltaba. Entonces a filla tiña un mozo e tratou de se casare. E díxolle o vello, díxolle a seu pai:
- Ouiches ou, o mozo quérese casar comigho.
Díxolle él:
- Oi... ese home non sirve pa meu xenro.
- E por que, papá?
- Porque é moi ghastador. Vai á taberna e fuma, e eu non quero xente desa na miña casa. Tamén eu apreto todo o que podo.
E o home taba detrás do lume cun dúas achiñas na lousa, á lus do ghas apaghada, pa aforrare. E entonces a moza díxoll’ó mozo, díxolle:
- Mira, díxenlle a meu pai pero non quere saber nada.
Dixo él:
- Bueno, si é por eso, quítome de fumar e quítome de ir á taberna.
E entonces foi alí unhas cuantas veces e, non fumaba alí, fumaría noutro sitio, pero alí non fumaba, e procuraba que n’o viran ir pa taberna.
E alí estaba ca moza no fondo da cociña e o vello taba detrás do lume cas achiñas acheghadas e apenas se vía nada. E entonces nun momento, encenderon un pouco as achas e o vello mirou pa o fondo da cociña e veu ao mozo en calzoncillos. O home quedou así medio tal, pero cando marchou o mozo díxolle á filla:
- Ouiches, e eu cando se encendeu algho o lume vin o mozo en calzoncillos.
E díxolle ela:
- Ai sí papá! Estaba porque quitou o pantalón pa n’o ghastare.
Dixo él:
- Ah entonces vale pa meu xenro.
(Risas)
- Claro, taba en calzoncillos, así falando en plata, bueno...
- Ti sabes máis. Conta outro.
- Non sei. Eu sabía varios pero...
- Cóntalle o do señor José.
- Eh?
- O do señor José e mailo do macho.
- Bueno cona.
- Cóntallo.
- Esta muller...
- Cóntallo! Se non cóntollo eu.
- ... ten o seu tal, pero... Aí tratábase. Corte esto. Despois empezo. Pero corte, corte. Voulle explicar o conto, como era, e despois cóntollo.
Un matrimonio, esto, e él andaba por alí de varanda con outra muller. A outra muller tiña no lugar unha irmán casada, e entonces a irmán dela decíalle:
- Fulano ven por onde a ti, e tal.
Dixo ela:
- Bueno, que vai ser un tal.
E dixo:
- No. A xente di que queda o home que ven, hoxe o fulano ese que ven onde a túa irmán.
- Eso non é certo, esos son contos da xente, eso non tal.
Dixo:
- No, pois tal.
Bueno, a irmán dela, desa que andaba de amistá co outro, tiña, estaba casada nunha casa xa á beira da dela. E tiña o soghro, velliño xa. E entonces un día estaban cocendo.
[- Póñao.
- Bueno sí, aghora sí. Póñao.
- No, no. Sigue.
- Eu era por explicarlle o asunto como é.
- Sigue, sigue.
- No no, e que non... Esto... púxoo? Non]
E entonces un día estaban cocendo na casa da irmán, e díxolle a nora ao soghro, díxolle:
- Papá, vai á casa de fulana (da irmán) pa que traia a masa pa meter no forno.
Dixo él:
- Bueno, vouche ir ahora alá.
Chovía que non tiña traza.
[- E o Romero como era?
- Bueno, Romero ahora, espera.
- Está ghravando.
- Non ho. Non ta.
- No, no.
- No, non ta, non.
- Pero di que pode ghravar.
- É pa explicarlle o conto.]
Entonces, esto, mandou ao vello e o vello díxolle:
- Ahora non salgo da casa.
Chovía e tronaba, e un aire que non tiña ... coa noite, pero estas, estas bravas. E a vella ou a nora:
- E pois ten que ir, mi padre, ten que ir. E ten que ir.
- Non vou.
Entonces o vello a tanto por fiar a nora, pois saleu. E foi buscar a outra. E resulta que...
[- Bueno ho. Bueno esto xa o expliquei agora voulle contar o conto como foi. Esto é o asunto da explicación de como era o tal. E ahora, entonces ahora pode gravar.
- Anda non lle toques aí nese couso que...
- No, no.
...
- Esto, está?
- Está.]
Era unha mullere que andaba de amistá con outro home. Claro, cunha muller non podía andar, andaba con outro home.
E entonces tiña unha irmán e a irmán non quería, decía que non era certo. Pero tódolos veciños o sabían que era certo, porque vían alí ao fulano. E o fulano tiña un cabalo e aparcía o cabalo á porta da outra. Entonces a irmán non podía decir que non.
E un día estaban cocendo e díxolle a nora ao soghro:
- Mi padre, vaia á casa de, de Carmen - chamábanlle Carmen - vaia á casa de Carmen a ver si trae a masa que temos que enfornare.
Dixo él:
- Si ho. Vouche ir agora. Carafio! Ca noite que está vouche ir agora alá! Vai ti se queres!
- Ai mi padre! Pois ten que ire!
- Non vou! Anque morras, que me leve o demo se che vou alá.
- Pois ten que ir, mi padre. Ai, Dios mío! Que teñen a masa preparada e tal. E ten que ir.
- Non ho! Ca noite que está non che salgho da casa.
Pero despois, eu, vin que era tanto porfiar, tanto porfiar... e collín a capa de xuncos e salín pa fora. A mais un pau de moca que tiña. Un pau feito de carballo cunha moca no fondo. Entonces marchei dreito alá. Anduven un bo cachiño de camiño e despois arrimeime a unha parede pa nome mollar. Que chovía moito e facía abrigho do aire. E arrimeime alí. O que me pareceu que tería tempo de, de cheghar á casa, esto, entrei:
- A ver! Abrí! Que xa veño!
Bueno. Abriron. Entonces:
- E que? Trae a masa, mi padre?
- Alí non falou ninguén. Enchinme de chamar e alí non falou ninguén. O único que foi, que lle metín os narices no cu ao macho de don Manuel. Pero tan ben llo metín, como trouxen o pau de moca aos calcañales e cros! No medio das rens deille. E alí non me falou ninguén. están bien entretenidos.
- Ai, mi padre! Usté seguramente que non chamou.
- Chamei, chamei, Pero tando entretenidos e... Vamos enfornar!
- Pero, mi padre! Non podemos enfornare esto sin que veña ela ca masa.
- Que a bote na borralleira! Veña. Cerrarlle ao forno.
Eu collín a pa e enfornei rápido e nesto dixen:
- A ver, traede a bosta pa taparlle ao forno.
E apurei os ocos. Dixen eu:
- Carafio! Tan entretenidos que o boten donde poidan.
Alá dentro dun pouco xa eu tapara o forno e chegha a rapaza.
- Tía Pepa! Tía Pepa!
Así berrando ...
- Traio aquí a masa.
- Botádea na borralleira.
Despois a nora quería abrirlle ao forno e dixen eu:
- Ábroche a ti a cabeza primeiro, antes que lle abras ao forno.
- Pois hai que abrirlle, mi padre.
- Non se lle toca ao forno.
Eu púxenme na porta do forno e dixen eu:
- Aquí non se toca o forno pa nada.
E despois ela chorou de rabia e todo eso. Pero se non, nada, aquí non se lle toca ao forno. Despois ela marchou pa cama media enfadada, ela mais Arturo, o home, marcharon pa cama. Eu e maila miña Pepa quedamos embaixo, que a min ghustábame moito molla-las sopas da bola e inda non lle ghustaba moito que fora ao viño.
E entonces ao que eles marcharon pa cama, fun caladiñamente á bodegha, e cun viñiño na tasa, e x’a botei alá na bodegha. Xa na trouxen pa cociña. E entonces despois, tróuxena pa cociña outra, e deille un pouco á muller, pero a muller a miña bebía pouco, porque xa era vella, tamén eu son. E resulta que, ela non o quixo pero boteino eu e despois fixen unhas boas sopas da bola e despois inda lle dixen á muller:
- Ouiches, vaime por outra taza.
- Ai José! Pero ti, ti tas tolo.
- Si, si. Vaime por outra taza.
E foime por outra taza:
- Non metas moito barullo que non te sintan enriba.
E tróuxome outra taza e zampeina. Fun pa cama como un Pepe que era! Era un José, pero fun moi ben. E a outra meteu a masa na borralleira.
Referencias bibliográficas:
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié.
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1993). "Cancioneiro Popular Galego. Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos". A Coruña: Fundación Barrié.
Notas de Dorothé Schubarth
Categoría
Coplas
Notas
Transcrición: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
Sinatura
SCSA-CD/0224
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
Varios texos
Friamonde, CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
"Toñico tiña unha filla ..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Se non tendes sacho..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Ai entrai ó baile bailare..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Dos mociños e das mozas..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Cuando en Matanza supiera..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Carballeira de San Xusto..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Eu queríame casare..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Era un home que había nunha parroquia..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Unha vella fixo papas..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Se queres que vaia verte..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Xa fun a Marín..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

