"Dos mociños e das mozas..."

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"Dos mociños e das mozas..."


CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: música

Contido

Recollida de Manuel, de 85 anos.

Detalles

(VI 2315)
1) Dos mociños e das mozas
moito vos teño que contar
porque andan de señores
a quen máis ha de ghanar

2) empezaremos polas mozas
que son as máis zalameras
que pra facerse bonitas
asta pintan as orellas

3) pintan os labios e cexas
que parez’unh’hermosura
algunhas levan na cara
catro quilos de pinturas

4) o que ghastades en polvos
con pinturas e almidón
mellor vos fora metelo
en pastillas de xabrón

5) que as que non levan camisa
lévana como un carbón
e de comida señores
pasan a media ración

6) as mozas que están solteiras
astr’òs vintecinco anos
teñen medo se quizás
quedan pra coce-los nabos

7) a que tén un novio
se aporveita d’ocasión
porque ningunha quer quedar
cantando o krieleisón

8) e en canto non se casan
son de moi bo corazón
e despois queren trae-lo home
a media ración
9) e cando el vai pó traballo
como non sab’o que pasa
ela come de demonio
ben descansada na casa

10) e cando vén pra xantar
d’arreghlar a súa vida
todas din qu’están enfermas
que non lles entr’à comida

11) todo home que se casa
cunha muller de larpeira
mal arreghlado non anda
xusticia da carballeira

12) ias vellas son com’ò demo
non hai quen poida con elas
eu xa’stou aborrecido
de pelexar coas vellas

13) eso qu’eu non teño soghra
que solo foi miña abuela
e ‘ncanto estuvo na casa
tod’o quixo mandar ela

14) os mozos que andan á tuna
ben se saben entender
cómpre de tódolos gustos
non saben que ll’han facer

15) as rapazas que lles ghustan
téñenlle moit’afición
pero despois que se casan
andan de conversación

16) á noite van prá taberna
póñens’a comer e a beber
non lles acorda máis nada
que falar mal da muller

17) un di qu’a sú’é larpeira
outro di qu’a súa é falsa
ai pero non lles acorda
do que lle pasa na casa

18) outros póñens’a xogar
vin’aughadent’ou comida
o que lle cadra perder
lévall’os días da vida

19) márchase dalí rabiando
chegh’à casa incomodado
cazolas tazas e pratos
bailan o zapateado

20) á muller si ‘stá calada
lévall’o dem’o que tén
e si di algho non pasa
sin ter que bailar tamén

21) e vén ó cabo da semana
e si non hai que comer
nunca lle faltan trompazos
á desghraciada muller

22) despois contan mil maldades
non saben que han de falar
o home que non a tén
rabea por encontrar

23) a que se chegh’a casar
cun home qu’é borrachón
tén que vende-lo que haxa na casa
pra mercar sal e xabrón

24) as señoras costureiras
que cosen polas aldeas
enghordan coma demonios
co pan das casas alleas

25) e si iban p’algún sitio
e non lles fan boa vida
botan puntadas de cegho
par’acabar de seghida

26) modistas e panilleiras
son de moi bos sentimientos
pero si non teñen novios
andan levadas dos demos

27) as mulleres das aldeas
se non teñen que vender
son capaces de deixar
ós seus fillos sin comer

28) os qu’están máis fatighados
son os pobres labradores
que teñen que traballar
pra oficiales e señores

29) traballan de noite e día
aghuantando frí’é calor
ricos e pobres comemos
á conta lo labrador

30) teñen que pagha-las deudas
consumo e contribución
eles ó fin son quen teñen
que sostele-la nación

31) os señores albañiles
si axustan alghunha obra
andan listos coma raios
non hai oficial que os colla

32) pero si andan ó xornal
como é precio sabido
vai con moito punt’e coma
queda moi arreghladiño

33) asta os ferreiros
á conta dos labradores
ghobernan a súa casa
como si fosen señores

34) e si vai un paisano
encargharll’alghún apeiro
bótanll’ás ferramentas
ferro no sitio do aceiro

35) e logo si vai un rico
mudan de conversación
sírvenlle completamente
con toda satisfaución

36) os señores panadeiros
saben tantas picardías
que lle mesclan ás fariñas
un sinfín de porquerías

37) e cando vai un pobre
por unha libra de pan
danlle doce ou trece onzas
e ghracias cando llas dan

38) e logho si vai un rico
por catorz’ou vinte libras
danlle quinz’ou vinteunha
pra que lle volv’outro día

39) os pobres necesitados
podemos considerar
que nos soban a cabeza
hai que sufrir e calar

40) as señoras aldeanas
cando van vende-lo leite
s’a vaca lle dá tres cuartillas
elas levan seis ou sete

41) con almidón e con augha
arman ghran compusición
e despois mexan la lata
pra remata-la cuestión

Referencias bibliográficas:

Schubarth, D. e Santamarina, A. (1993). "Cancioneiro Popular Galego. Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos". A Coruña: Fundación Barrié.

Notas de Dorothé Schubarth

Categoría

Cantos

Notas

Transcrición: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

Sinatura

SCSA-CD/0224

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

"Toñico tiña unha filla ..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Se non tendes sacho..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Ai entrai ó baile bailare..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Cuando en Matanza supiera..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Carballeira de San Xusto..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Anque che son de Callobre..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Eu queríame casare..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Era un home que había nunha parroquia..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Unha vella fixo papas..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Se queres que vaia verte..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Xa fun a Marín..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina