"Ai entrai ó baile bailare..."
TweetCancioneiro popular galego
O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.
"Ai entrai ó baile bailare..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Compilador: Dorothé Schubarth
Tipo: música
Contido
Recollida de Mercedes, labrega de 79 anos. O Cancioneiro Popular Galego destaca dela: Mercedes canta dunha maneira moi persoal e expresiva (Schubarth, D. e Santamarina, A. (1986). "Cancioneiro Popular Galego. Festas Anuais". A Coruña: Fundación Barrié. Volume II, tomo I, p. 238). Mercedes é a única informante que realiza esta formación rítmica da muiñeira vella con acentos moi fortes na sílaba tónica (Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié. Volume IV, tomo I, p. 215).
Ao final da gravación Carme, labrega de 72 anos, canta unhas coplas.
Detalles
(VI 252)
Ai /: entrai ó baile bailare :/
cham’a quen che parecer
a min déixame quedare
ai la...
(V 127 bis)
[Esta si que che vai boa
esta si que boa vaie
rozar] o carro de leña
dille que vaia seu paie.
Ai la la ...
(VI 589)
/: Heite d’amar a mais heie :/
/: non me pérda-lo cariño
non ch’hei de perde-la leie :/
(IV 670b)
Io señor cura do Viso
non tén a camisa lavada
viv’ò noso de Callobre
que tén sete na boghada
ai la...
Ai vente por aquí Manoele
prenda do quiquiriquí-e
se non tés a túa fala
vas a levar puñados d’aquíe.
Ai la ra la...
(V 127 bis)
Esta si que che vai boa
esta si que boa vaie
rozar o carro de leña
dille que vaia seu paie.
Ai la ra la...
(VI 2194)
De los más altos del cielo
cayó la luna y rompióue
/: también rompió iel espego
donde miraba youe :/
(IV 743e)
Io cura chamoume rosa
eu tamén lle respondínhe
/: padre cura destas rosas
non as tén o seu xardínhe :/
(aturuxos)
(VI 65a)
Ai esta ruadiña d’hoxe
mañán ha de ser sonada
/: eso que seia que non
a min non se me dá nada :/
(V 196d)
a) Cando paso por tu puerta
miré para arrib’e vinhe
/: un letreiro que decía
eu para ti non nacínhe :/
b) eu como sabía lere
saquei un e puxen outro
eu para ti non nacín
e ti para min tampouco
ai la la la ra la...
(VI 543)
Si me amas yo te amo
si me olvidas yo te olvido
si me das carta de pago
yo te daré el recibo
ai la...
(VI 2194)
De los más altos del cielo
cayó la luna y rompióue
/: también rompió iel espego
donde miraba youe :/
Ai la ra la...
(VI 252)
I /: entrai ó baile bailare :/
/: cham’a quen che parecer
a min déixame quedare :/
ai la...
Maruxa si vas a feira
compram’un porco rabelo
que si mo compras con rabeo
non me cabe no cortello.
Maruxiña, Maruxiña
ti que sabe-la muiñeira e o agarrao
si souperas como sabes, se souperas revirar
fas bailar a todos os mozos da Estrada, falos revirar.
I os curas i os taberneiros
teñen moito parecido
i os curas botizan nenos
os taberneiros do viño
Maruxiña, Maruxiña
ti que sabe-la muiñeira e o agarrao
si souperas como sabes, se souperas revirar
revirar os ollo como os sabes revirar
fas bailar a todos os mozos da Estrada, falos revirar.
Referencias bibliográficas:
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié.
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Cantos dialogados". A Coruña: Fundación Barrié.
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1993). "Cancioneiro Popular Galego. Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos". A Coruña: Fundación Barrié.
Notas de Dorothé Schubarth
Categoría
Coplas
Notas
Transcrición: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
Sinatura
SCSA-CD/0224
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
Varios texos
Friamonde, CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
"Toñico tiña unha filla ..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Se non tendes sacho..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Dos mociños e das mozas..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Cuando en Matanza supiera..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Carballeira de San Xusto..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Anque che son de Callobre..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Eu queríame casare..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Era un home que había nunha parroquia..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Unha vella fixo papas..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Se queres que vaia verte..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Xa fun a Marín..."
CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

