"Toñico tiña unha filla ..."

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"Toñico tiña unha filla ..."


CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: música

Contido

Recollida de Manuel, de 85 anos.

Detalles

(IV 5c4)
Toñico tiña unha filla
que se chamaba Leonor
un día estaba sentada
cosendo no corredor.

O corredor xa de vello
tiña’ábertura no piso
si d’abaixo se miraba
víaselle o paraíso.

Mais o tuno de Pepiño
cando veu a Leonor
foise feito unha centella
por baixo do corredor.

Mais ó mirar hacia riba
cos olliños contemplaba
as perniñas da rapaza
nunha mesiña sentada.

Tap’esas pernas Leonor
que si non m’enghaño vexo
por encima desta mesa
as orellas dun conexo.

A rapaziñ’àsustada
quixo as tapar deseguida
pegou un salto pa atrás
foise de patas arriba.

Válghat’o demo Pepiño
quén che botara na cara
un bo chorro de auga quente
pra qu’a vista che cansara.

Pepiño sin mirar máis
subeuse pola escaleira
todo mortiño de risa
foi pa xunto a costureira.

Non t’enfades Leonor
porqu’as pernas che mirei
xa vexo que as tés gordiñas
contigo me casarei.

Pois en cando esté solteira
ben seguro podes ter
que as orellas ó conexo
non llas volverás a ver.

Non faghas eso muller
non seas corzón duro
anqu’óutor día non queiras
hoxe sácame dest’apuro.

Por verm’as pernas Pepiño
deiche dolor de barrigha
inda queira Dios que morras
por mirar tanto pa riba.

Por se-la primeira vez
muller debes perdonarme
dám’un bico e un abrazo
que non llo hei decir a nadie.

Xa me parece Pepiño
qu’estás un pouco chiflado
si che der’ò que me pides
quedábaste desmaiado.

Ademais diz’o refrán
que os bicos non son nenos
e cos bicos e abrazos
éche o modo de facelos.

Non fagas caso ó refrán
anqu’eso pudera ser
heime de casar contigo
antes de dalo a saber.

Pois o día que nos casemos
cariña de serafín
heiche de da-lo permiso
pra que te acheghes a min.

Déixam’achegar ahora
prenda do meu corazón
que si non morro de pena
e ti non tendrás perdón.

Pois anque morras Pepiño
ben seguro podes tar
hast’ò día que nos casemos
a min non t’has de cheghar.

Pepiño marchou decindo
eres de ben mala leche
dez anos de relación
nunc’òn favor me fixeche.

Pepiño sempr’anduvera
solo por pasa-lo tempo
hasta que lle veu as pernas
non tratou o casamento.

Foi desde aquel día
cando entrou en calor
polo mes de carnaval
casouse con Leonor.

Foi aquel día a voda
un gran día de placer
os dous casados de novo
deiráronse ó ‘scurecer.

Ó empezar ca faena
dix’a rapaza asustada
non brinques tanto Pepiño
que vamos rompe-la cama.

Non te asustes Leonor
que dòdemo duda tén
a cama ta ben segura
brinca un pouco ti tamén.

Alá pola media noite
Pepiño ‘staba cansado
quixo ‘mpezar a brincar
pero non dou terminado.

Vaia por Dios dixo ela
xa non te manexas ben
cando hoxe fas así
que farás pró mes que vén.

Vaia por Dios dixo ela
xa non sailes do pantano
cando hox’estás así
que farás d’hoxe nun ano.

Referencias bibliográficas:

Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié.

Notas de Dorothé Schubarth

Categoría

Romances tradicionais

Notas

Transcrición: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

Sinatura

SCSA-CD/0224

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

"Se non tendes sacho..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Ai entrai ó baile bailare..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Dos mociños e das mozas..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Cuando en Matanza supiera..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Carballeira de San Xusto..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Anque che son de Callobre..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Eu queríame casare..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Era un home que había nunha parroquia..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Unha vella fixo papas..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Se queres que vaia verte..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Xa fun a Marín..."

CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina