Cando o pan anda na graia

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

Cando o pan anda na graia


Riomaior, QUINTA DO LOR (SANTA MARÍA), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Darío Macía Martinez

Detalles

Cuando o pan anda na graia
i o viño no mes da flor
namorouse un caballero
da filla dun labrador.

-Quién te trouxo "eiqui" mi niña?
quién te trouxo a este lugar?
-"Trouguéronme" os meus amores
"trouguéronme" o mal andar.

-Vaite prá casa "miniña"
"miniña" "vuleve" a marchar
que che darei o meu cabalo
pra que te vaia levar.

-Non che quero o teu cabalo
mandalo a pasear
que che quero a miña honra
que me la vuelvas y a dar.

-Vaite prá casa "miniña"
"miniña" vuelve a marchar
que eu che darei pan e viño
e diñeiro pra gastar.

-Non che quero pan nin viño
nin diñeiro pra gastar
que che quero a miña honra
que me la vuelvas y a dar.

-Vaíte prá casa "miniña"
"miniña" vuelve a marchar
heiche dar cu os meus criados
que te vaian acompañar.

-Non che quero os teus criados
mándalos a trabajar
que che quero a miña honra
que me la vuelvas y a dar.

Esto de la media noche
se acostaron par u par
un murió a media noche
y otro al gallo cantar.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona