"Couto, Anllóns e Tella..."

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"Couto, Anllóns e Tella..."


NEMEÑO (SAN TOMÉ), Ponteceso, A Coruña

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: voces

Contido

Recollida de Cousillas, labrego de 87 anos, acompañado por Francisco de Nemeño, labrego de 73 anos

Detalles

(IV 150c)
Couto, Anllóns e Tella
Xornes, Tallo, Pazos, Buño,
Leiloio, Cánduas e Querqueda.

E constestoulle outra:

Aínda che quedou atrás
o lughar de Rebordáns
A Traba, Oca e Xaviña
e o lughar de Rebordáns.

(IV 151)
Cores e Bardaio
e Riotorto, a Aurada,
Figheiroa, Limiñoa
o Castro e mái-la Campara.

Sänta Crus e Miraflores
aí van os trece lughares
que tén a parroquia de Cores.

(V 41)
O teu arado Jasús
non sirve pa labrador
ben se ve que Merecedes
que encontrou outro mellor.

- Esa era un que cortejaba cunha moza e despois cambiou de mozo.
- No, no. Ese foi para o servicio e era medio burro pero era de Beiramar. E entonces, anduvo cunha moza e ela despois quedou en estado dun rapaz. Era unha moza e quedou dun rapaz. E despois... eran as cántighas esas que lle botaban que dixen aghora.
Díxolle unha moza a un mozo. Un mozo que el anduvo toda a vida cunha moza e ela caiu en estado doutro.

Túa vida pasada
o picadeiro de respoadirme
que deso que non sabrá nada.

Cando vin vir Pandeireta
polo campo da Campara
xa lle dixen ós veciños
hoxe temos fuliada.

- Era un cantador dunha regheifa.

- Díxolle Camurzas:

“¿Esa burra de Martínes
a que raio ven aquí?”
“Xa a trougheron adrede
pra que te enseñase a ti.”

Referencias bibliográficas:

Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié.

Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Cantos dialogados". A Coruña: Fundación Barrié.

Notas de Dorothé Schubarth

Categoría

Coplas

Notas

Transcrición: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

Sinatura

SCSA-CD/0137

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

"Xan de Rieira casouse..."

NEMEÑO (SAN TOMÉ), Ponteceso, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Na aghra de Espadanal..."

NEMEÑO (SAN TOMÉ), Ponteceso, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Díxolle o fillo ó pai..."

NEMEÑO (SAN TOMÉ), Ponteceso, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Non teñas medo Verdías..."

NEMEÑO (SAN TOMÉ), Ponteceso, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Buenos Reises buenas Pascuas..."

NEMEÑO (SAN TOMÉ), Ponteceso, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Iba camiñando e un andaluz..."

NEMEÑO (SAN TOMÉ), Ponteceso, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina