“Ai anduvechest’ alabando...”

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

“Ai anduvechest’ alabando...”


Mazaricos, MAZARICOS (SAN XOÁN), Mazaricos, A Coruña

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: música

Contido

Veciños de Mazaricos. Xaneiro 1979.

Detalles

Ai anduvechest’ alabando
ai que m’ ibas a deixar
ai ahora deixeite eue
ai corre ben vait’ alabare
ai, la la la, ai la la la le lo

Chamástesme moreniña
ai, á vista de tanta xente
ai, ahora vaime quedare
ai, moreniña para siempre
ai, la la la, ai la la la le lo

Ai María as túas fillas
ai n'as deixes envellecere
ai que non son herbas dos campos
ai que volvan a 'nverdeser
ai, la la la, ai la la la le lo

Hei carballeira!

Ai la la…

Toca la jota navarra
no lughar de Villariño
tocan a saraghosana
ai la la...

Aturuxo

Sons de foliada, cunchas, pandeireta, voces mixtas

O río cando vai cheo
leva carballos e follas,
tamén podía levar-e
/: as lenguas marmuradoras :/
ai la la...

/:Para bailar meu irmán-he:/
para toca-lo pandeiro,
/:viva quen o tén na man-he:/
ai la la la...

Aquela que vai no baile,
aquela mais piquiniña,
relúmbrall´a súa cara
como ó sol de mediodía:/
ai la la lo ai la la le lo...

Na saia de Carolina
leva un lagharto pintado,
ten cuidado, Carolina,
/:qu´inda che fuxe co rabo:/
ai la la la

Miña nai por me casar-e
i-ofreceume canto tiña,
ahora veme casada,
/:pághame cunha ghaliña:/
ai la la...

Esta ruadiña
d´hoxe mañán ha de ser sonada
ela que si, ou que non
eu tamén vou na manada.
Ai la...

A pasa-lo righeiriño
díxenche que si, que sí,
de righeiriño pasado
quedeime rindo de ti-e.

Non seades mentireiras
que vos xa nacestes para engañar
vámonos a Mazaricos,
qu´é ia nosa terra, bailar e cantar.

/:Túa nai tén píldoras, tén píldoras, tén píldoras,:/
Ten píldoras no corazón,
/:e teu pai compráballas, compráballas, compráballas:/ a
E teu pai comrpáballes a patacón.

Antonio, divino Antonio,
meu rosario de cadena,
/:cando vex´o meu Antonio
vexo a miña casa chea:/
ai la...

“[¿Casadiña de tres días],
quénche levou as colores?”
/: “Levóuchemas o meu home
debaixo dos cobertores”:/

/:Por aquí todas son miñas:/
/:para bailar e cantar-e
vivan as miñas veciñas.:/

/:Heiche de dar e darei:/
/:heiche de dar, querediña,
cousa que nunca che dei.:/

/:Miña soghra que ha de ser-e:/
tén un loureiro na i-horta
que alumía sín arder-e
Miña soghra que ha de ser-e
hache de pasa-la fame
coa gana de comer-e.

Miña nai, miña naiciña,
coma miña nai ningunha
/:que me quentou a cariña
co calorciño da súa:/

Miña nai, miña naiciña,
com´á miña nai non hai outra,
/:que me trouxo nove meses
debaixo da súa roupa:/

/:Manuel, Manueliño:/
/:as palabras que me destes
foron de pouco cariño:/

Categoría

Coplas

Localización física do documento

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega

Sinatura

SCSA-CD/0034

Imaxes

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

"Eu non sei cantare..."

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"María da Canceliña"

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"Estando yo solito..."

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

Parrafeo do cigarro

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"Con permiso de los padres..." / Con licencia

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"O diñeiro de Castilla..."

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"Santa Elena"

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

Maruixiña e mailo gaiteiro

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"Se crees que yo sea tuya..."

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"A Toledo me voy en coche"

Mazaricos, MAZARICOS (SAN XOÁN), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.