"Eu non sei cantare..."

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"Eu non sei cantare..."


Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Compilador: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina

Tipo: música

Contido

Recollida de unha veciña de Suevos, 90 anos (nai)

Detalles

Eu cantar
non sei cantar-e
Eu cansión non sei ninghunha.

Pequeniña me quedei-e
naçida no mes d’agosto
coa seca non medrei-e.

Vilariño está no alto
Fonte Mourente na costa,
amar a quen non me ama
moito traballo me costa.

No lugar de Vilariño
cantos corvos hai no mundo,
alí van façe-lo niño.

Quen se casa se ven (...)
(...)
aquela mosa si estabas solteira
non te cases en tu vida.

Eu caseime por un ano
por saber que vida era
o ano vaise acabando
solteira quen che me dera.

Heime de casar este ano
anque sea cun ben probe
que todo o mundo fai bulra
da muller que non ten home.

Heime de casar este ano
cun home pequerrechiño
con media vara de pano
fágolle un pantalonciño.

Eu cantar non sei cantar
e bailar non sei dar voltas
teño de aprender aghora
cun ghalán da miña porta.

Déstesme a vida deiche nada
nada che quedei debendo,
dechesme carta de pagho
recibo che dei correndo.

O corazón e os ollos
son dous amores leales
cando o corazón ten pena
os ollos dan señales.

Olvidástesme por probe
e eu a ti por poucas falas
e ahora meu queridiño
mírasme polas espaldas.

Ollos vin ollos mirei,
ollos vin ollos mirei
coma os do meu queridiño
inda non os encontrei.

Se sopiera que cantando
te habías de convertir
cantará toda la noche
y dejaras de dormir-e.

Que te quiero bien lo sabes
que te olvido lo conoces
si la canción lo permite
no se me da que te anojes.

Amante mío del alma
te voy pedir un favor
que aghuardes por mí un año
por ver se hai otro mejor-e.

Categoría

Coplas

Localización física do documento

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

Sinatura

SCSA-CD/0033

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

"María da Canceliña"

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"Estando yo solito..."

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

Parrafeo do cigarro

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"Con permiso de los padres..." / Con licencia

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"O diñeiro de Castilla..."

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"Santa Elena"

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

Maruixiña e mailo gaiteiro

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"Se crees que yo sea tuya..."

Suevos, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

"A Toledo me voy en coche"

Mazaricos, MAZARICOS (SAN XOÁN), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

“Ai anduvechest’ alabando...”

Mazaricos, MAZARICOS (SAN XOÁN), Mazaricos, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega