"...chamanlle remendafoles"

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"...chamanlle remendafoles"


Neaño, CESULLAS (SANTO ESTEVO), Cabana de Bergantiños, A Coruña

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: música

Contido

Recollidan de Francisco, 39 anos, Eduardo, 70 anos, e Manuel, 52 anos.

Detalles

...
chámanlle remenda foles.
Ai la la lo...

Polo río abaixo vai
unha troita de pé
corre que te corre
quen a puidera coller.

Pola monteira de croque,
chaqueta de vareadas
polainas de rebelliscos
zapatos de coteladas.
Ai la la la...

Polo mar abaixo vai
unha troita de pé...

Ahora que me puxeches
a barrighiña redonda
ou t’has de casar comigo
ou m’has de volvela honra.
Ai la la la...

Polo sombreiro de lado
pa que che vexan o pelo,
nin por eso es millor mozo
nin te has casar más cedo.

“ahaha ai!, un raio me fenda"

Categoría

Coplas

Notas

Transcrición: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. Ficha no APOI: http://apoi.museodopobo.gal/565/

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona