"Nena se te collo no prado..."

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"Nena se te collo no prado..."


Eirís, PONTEDEUME (SANTIAGO), Pontedeume, A Coruña

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: música

Contido

Recollida de Lito, 55 anos, e Manolo, 85 anos.

Detalles

1) Nena se te collo no prado
como te collín máis veces
heiche de meter no corpo
herba para nove meses.
Hai ruada
vide mozos e mozas
á fuliada.

2) Ó redor da pena
gadañas e Eirís
e non encontramos
nosa santa tan bella
como esta d’Irís.
Os que romperon a Santa
se deberon volver monos
para tirar ca Santa
e deixar queda-los demonios.
3) O cura e maila criada
ordenaron de cocer
os toxos estaban no monte
A fariña por moer.

4) Esta noit’hei d’ir aló
déixam’o o poxigho aberto
se che encontro cerrado
o teu cariño non é certo.
5) As costureiras que andan
a) a coser polas aldeas
están ghordas como bestas
co pan das casas alleas.
b) Leche ni sardiñas
no quieren tomare
quieren carne ghuevos
para calientare.

6) Zoqueiro faim’unhas zocas
faimas de pau d’ameneiro
e faimas ben cavadiñas
para pasa-lo regheiro.
7) Acabarons’as vendimias
e veñen as esfoliadas
para comer coas nenas
catro castañas asadas.

8) Tápame tápame
que teño frio
como quieres que te tape,
si no te tengo cariño.

Categoría

Coplas

Notas

Transcrición de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. Ficha do APOI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/2975

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona