"Algún día por te ver..."

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"Algún día por te ver..."


O Castelo, NOGUEIROSA (SAN COSME), Pontedeume, A Coruña

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: música

Contido

Recollida por Dorinda, 85 anos

Detalles

6) Algún día por te ver
abrí puertas y ventanas
ahora por no te ver
todas las tengo cerradas.

7) Cuando paso por tu puerta
compro pan y voy comiendo
para que digha la ghente
que con verte me mantengo.

8) Teñ’unha herba na horta
que lle chaman flor de toxo
para contestar conmigho
vaite lavar que das noxo.

9) Teñ’unha herba na horta
que lle chaman xantereira
para contestar conmigo
té-la barrigha baleira.

10) O amor da costureira
era papel e mollouse
ahora costureiriña
o teu amor acobouse.

11) Costureira non a quero
tecelana non me dan
quer’unha traballadora
que sepa ghana-lo pan.

12) Santa Marta de Ortigheira
a muller que coma nata
non tén suerte ca manteigha.

13) Miña soghra din qu’é rica
eu digho que tén de todo
aló polo mes de maio
nacen as silvas no forno.

14) Miña soghra querme mal
miñas cuñadas tamén
quéirame ben o meu home
non se me da por ninghién.

Categoría

Coplas

Notas

Transcrición: Dorothé Schubarth, Antón Santamarina. Ficha no APOI http://apoi.museodopobo.gal/2969/

Localización física do documento

Ficha no APOI http://apoi.museodopobo.gal/2969/

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona