Romance de Gerinaldo ou Gerineldo

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

Romance de Gerinaldo ou Gerineldo

LOUZARELA (SAN XOÁN), Pedrafita do Cebreiro, Lugo

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: non definido

Contido

Informante: Concepción (84 anos)

Detalles

Recollido mentres a informante ía no prado coas ovellas (oíganse as choquiñas de fondo)

Categoría

Romances tradicionais

Localización física do documento

useo do Pobo Galego: Arquivo do Patrimonio Oral e Identidade (APOI). Colección Schubarth-Santamarina

Sinatura

MPG_SchSa_0200_017_en_Viana_VII_2_364

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas