Canto de seitura. Romance do mal cura.

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

Canto de seitura. Romance do mal cura.

CELAVENTE (SAN XOÁN), Bolo (O), Ourense

Compilador: Dorothé Schubarth

Tipo: música

Contido

A informante chámase Gloria (apelidos descoñecidos).

Detalles

Romance vello cantado en galego e castelán..

Publicado orixinalmente polo APOI (Museo do Pobo Galego). [consultar orixinal]

Categoría

Cantos

Notas

A informante non quería cantar en voz alta sendo ela viuva (para que non a sentiran os veciños). Este modo de cantar é a xoia do cancioneiro. Melodía moi adornada.

Localización física do documento

Museo do Pobo Galego: Arquivo do Patrimonio Oral e Identidade (APOI). Colección Schubarth-Santamarina

Sinatura

MPG_SchSa_0200_017_en_Viana_VII_2_364

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas