"O día trenta d’abrill..."
TweetCancioneiro popular galego
O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.
"O día trenta d’abrill..."
Castrelo, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Compilador: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
Tipo: música
Contido
Recollido de Nemiñán, 73 anos
Detalles
Melodía: IV 43b – Letra: IV 27
1. O día trenta d’abrill
do ano sesent’e uito
aparecío ‘n percance
que alghún cubre de luito
2. e fui a ve-los peritos
que miden prá parcelaria
... esquecido
e non se acordaba nadia
3. pero a lei do Estado
cúmprese ben e desente
qu’äsí qu’os vío na i-aghra
xa se fui xuntando a xente
4. algúns non lle fai mal feito
outros andan en partila
pensan que a terra lle falta
pró Japón ou prá Argentina
5. per’os peritos son bos
que miden ben e dereito
aunque os tomen á risa
i-o traballo ha de ter xeito
6. eles non labran a terra
andan medindo os terrenos
faséndonos un favor
qu’äsí traballamos menos
7. e esto lévas’a cabo
qu’en estando terminada
bótase o visio na xente
e non traballamos nada
8. e o primeiro traballo
que quit’as leiras pequenas
facéndonolas máis ghrandes
e acortando as estremas
9. un labra con roda ghrande
outro labra cun trator-e
per’ó cheghar ó remate
non se destinc’o millor-e
10. xa tén o arado aberto
prä que vaia ben ó fondo
eso é pra cando morra
andar cä terrä i-ó lombo
11. e cando os peritos marchan
medindo prä i-otro lado
a xente queda disindo
qu’estas cousas traen rabo
12. porque hai alghún labregho
que no hai quen o conosa
por eso fai o Estado
a parselaria i-á forsa
13. s’un a i-outro pide cambio
e é prós dous millorar-e
un contesta non cho fagho
ti non tés onde me dar-e
14.a túa terrä viciño
toda é clase terseira
tés que dar catro por un
qu’a miñä i-é de primeira
15. e se cho fagho a catro
prä que ti salghas millor-e
s’äsí me paghas a terra
quedas debend’o favor-e
16. o vesiño está mirando
e non ve que contestar-e
vaia perito que es
e mäneira d’estafar-e
17. pois eu menos non cho fagho
que non cho quero faser-e
qu’ä terr’à clases ighuales
desmenuiu’o meu haber-e
18. ti eh mui bravo dä boca
pensas qu’eu no ‘stá durmindo
se che reghal’o que teño
eu despois ando pedindo
19. äsí que a parcelaria
con tódolos equipajes
vén poñendo todo en línea
endereitand’os salvajes
20. ese fui un bo aserto
que o noso ‘stado ordenou
que äsí fai en España
o-a cada un dono do seu
Referencia bibliográfica:
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié.
Categoría
Historias locais
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
Sinatura
CD 4
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
"/:Ahorä empricipio eu-e:/..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Repenic’al pandarillo..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"El rey tenía tres hijas..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Estando la Blancaniña..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"El rey tení’òna hija..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"... un gran salero..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Märselinä i-embarcou..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Una mañán de San Juan..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"A dónde va señorita..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"O curä ta malo..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Xan Ghindán quiso casar-e..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Cómo quieres que te quiera..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina