"Xan Ghindán quiso casar-e..."
TweetCancioneiro popular galego
O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.
"Xan Ghindán quiso casar-e..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Compilador: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
Tipo: música
Contido
Recollida de Delifina, 48 anos
Detalles
"Xan Ghindán quiso casar-e..." Melodía: IV 161 – Letra: IV 12e
1. Xan Ghindán quiso casar-e
non tiña muller buscada
fuille face-lo amor-e
á filla da tía Juanä
2. boas noites tía Juana
en dónde vai a rapazä
vai busca-lo ghas pra nuite
xä me pärece que tardä
3. e nesto entrou ä nenä
pola porta pärä dentro
boas noites Xan Ghindan-he
tráioche no pensamento
4. pro ti dirasmo de risa
pro eu dígocho de veras
haich’un pouquiño que vin-he
tounche quentand’äs canelas
5. e logho tés muito frío
nunca Dios che m’ä min derä
poda que queiras cäsar-e
aghora prá primaverä
6. e logho ä ti quén cho dixo
seica fui Nóso Siñor-e
eu queríame casar-e
veño a facerch’o amor-e
7. eu tämén che me cäsaba
pero pro vouncho a contar-e
quería facer un saio
téñoch’a lan por fiar-e
8. os sapatos todos rotos
o pano todo furado
se tés cartos comprä uns-e
cäsäremos de contado
9. teño tres crabäs mi boas
unhä ovellä preñada
unha gäliña que pon-he
os ovos apastorrados
10. xa sabes que son soliño
non teño con quen pärtir-e
ä riqueza non é muitä
per’häbemos de vivir-e
se mo qués dimo mosiñä
non téiah fasend’a burlä
11. fixéronll’as menisións-e
como se acostumbraba
fóronllah levar ó cura
que llah lese de contado
12.o curä tämén llas leu-e
no ofretorio dä misä
ä xente que as oíron
fartán’o corpo de risas
13. o pädriñ’ e i-a mädriñä
o cura e o sacristan-he
fartán’o corpo de risas
co conto de Xan Ghindán-he
14. do tod’ o que se pasabä
el inda nadä säbíä
cheghou o día da vodä
dixo que non o queríä
15. eu non sein o que lle pasa
i-áh rapazas desta terrä
tirans’os homes a elas
no tempo de primaverä
16. alertä nenas alertä
non caiades nä räteirä
non vos fiedes dos homes
en cant’ estades solteiräs
Referencia bibliográfica:
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais". A Coruña: Fundación Barrié.
Categoría
Romances tradicionais
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
Sinatura
CD 5
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
"/:Ahorä empricipio eu-e:/..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Repenic’al pandarillo..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"El rey tenía tres hijas..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Estando la Blancaniña..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"El rey tení’òna hija..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"... un gran salero..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Märselinä i-embarcou..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Una mañán de San Juan..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"A dónde va señorita..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"O curä ta malo..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Cómo quieres que te quiera..."
Añobres, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Maruxa riñeu conmigho..."
Castrelo, MORAIME (SAN XULIÁN), Muxía, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina