Teño un home que lle quero

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

Teño un home que lle quero


COTARÓS (SANTIAGO), Pobra de Trives (A), Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Blandina González Rodríguez de Cotarós

Detalles

Teño un home que lle quero
con todo o meu corazón
i o querer vólveme louca
i e díceme o corazón
de que está querendo outra.

Si é que estás querendo a outra
e quérela máis que min
cásate se é do teu gusto
cásate e deixame a mín
i acabáronse os disgustos.

Tísica xa estou quedando
i a culpa a tela tu
en vez de darme consuelo
roubáchesme o querer
do home que eu máis quero

O home que eu máis quero
levoumo outra muller
a Dios lle pido con vida
que si non o volvo ver
morro tísica perdida.

Cuatro gotiñas de sangre
me quitan que non te olvide
cuatro gotiñas de sangre
olvidarte é imposible.

Mira, mira como corre
o tranvía pola vía
mira, mira como corre
cuando tanto te quería.

Mira, mira como corre
a auga polo pilón
mira, mira como corre
a maldita maldición
que lle botache ao meu home.

Categoría

Cantares varios

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona