Reis de Vilanova

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

Reis de Vilanova


VILANOVA (SANTA MARÍA), Pobra de Trives (A), Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Digna Pérez Fernández de Vilanova

Detalles

Por arriba dun tellado
vai un paxaro voando
e cas alas vai dicindo
véñanos dalo aguinaldo.

Aguinaldo pido
señora casada
güevos e "torrezmos"
longaniza asada.

Se nos ha dar moito
dianos máis pouco
un chourizo enteiro
i a mitá do outro.

E se no no teñen
vaiano buscar
que sin aguinaldo
non imos marchar.

Aguinaldo pido
señora solteira
güevos e "torrezmos"
longaniza enteira.

E si no no teñen
vaiano buscar
que sin aguinaldo
non imos marchar.

A señorita Fiuca
cólganlle moito os pendientes
na cara se lle conoce
que ten "muitos" pretendientes.

Aguinaldo pido
señora casada
güevos e "torrezmos"
longaniza asada.

Se nos ha dar moito
dianos máis pouco
un chourizo enteiro
i a mitá do outro.

Categoría

Cantares de reis e aninovo

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona