Reis de Reigada
TweetCancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives
O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.
Reis de Reigada
REIGADA (SANTA MARÍA MADANELA), Manzaneda, Ourense
Compilador: Xosé Lois Foxo
Tipo: música
Contido
Recollida dos Cantores de Reigada
Detalles
Imos levarlle unha pouca roupiña
tres polos, dous pavos máis unha galiña
un aniño, dúas pombas sin fel
seis bolos, dous queixos i un tarro de mel.
Ai meu Neno, meu Rei, meu meniño
e non ten un albergue non ten un leitiño
sin abrigo entre as pallas está
ai meu queridiño que frío non terá.
Teñen cantigas as perlas
i os paxaros teñen nido
i o Rei de ceos e terra
non ten casa nin leitiño.
Jesusiño está nas pallas
súa Nai está con El
San José tamén está
pasmadiño cara Él.
E vámolo ver e vámolo ver
o Rei pequeniño
que naceu cos ollos azules
i o pelo roxiño.
Categoría
Cantares de reis e aninovo
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Partitura e letra de "Reis de Reigada"Outras pezas na mesma zona
A Carmiña
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A ron ron
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A sereniña da noite
Cubeiros, CESURIS (SANTA MARÍA), Manzaneda, Ourense