Polo mar abaixo

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

Polo mar abaixo


O Cobo, PIÑEIRO (SAN SEBASTIÁN), Pobra de Trives (A), Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Digna Pérez Fernández de Vilanova e Mª Jesús Rodríguez Tejero de Cobo

Detalles

Pontevedra é de corales
Lugo é de color de aceiro
Pontevedra é de corales
Orense de limoneiros
i a Coruña de cristales,
i a Coruña de cristales
ai lalelo ai lalelo.

(Estrofas non incluídas no documento sonoro)

Polo mar abaixo vai unha sartén
vai fretindo peixes han de saber ben
han de saber ben, han de saber ben
polo mar abaixo vai unha sartén.


E mulleres con mulleres
pra bailar homes con homes
e mulleres con mulleres
é coma a gaita sin foles
i o tambore sin cordeles
i o tambore sin cordeles
ai lalelo ai lalelo.

Polo mar abaixo vai unha sartén
vai fretindo peixes han de saber ben
han de saber ben, han de saber ben
polo mar abaixo vai unha sartén.


Por debaixo da ponte
vironte pasar
as pernas María
viñas de lavar,
viñas de lavar
i a cara tamén
por debaixo da ponte
da vía do tren.

Categoría

Cantares varios

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona