A nosa fala
TweetCaracterísticas
Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.
Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.
Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.
Procedemento
GRAVACIÓNS: Instituto da Lingua Galega (Arquivo do Galego Oral)
EDICIÓN: Francisco Fernández Rei e Carme Hermida Gulías
COLABORACIÓN NA EDICIÓN: Miruca Parga Valiña e Afonso Xabier Canosa
Rodríguez
COORDINACIÓN EDITORIAL: Afonso Vázquez-Monxardín Fernández
PRODUCCIÓN: Arquivo Sonoro de Galicia
© Consello da Cultura Galega
A NOSA fala : bloques e áreas lingüísticas do galego /
edición de Francisco Fernández Rei e Carme Hermida Gulías ;
[coa colaboración de Miruca Parga Valiña e Afonso Xabier
Canosa Rodríguez]. – 2ª ed.– Santiago de Compostela :
Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, 2003.
– 3 CDs + libro (150 p.) ; 23 cm. – (A nosa fala ; 1)
D.L. VG-707/2003. – ISBN 84-95415-70-4
1. Lingua galega–Gravacións sonoras. I. Fernández Rei,
Francisco. II. Hermida Gulías, Carme. III. Consello da Cultura
Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, ed. IV. Serie.
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2ª planta
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202
Fax 981 957 205
correo@consellodacultura.org
Máis información de interese
Non hai información dispoñible

O casamento da pulga co piollo
Hermisende, Hermisende, Zamora
Varios textos
San Ciprián, Hermisende, Zamora
O falar fino
O Xuncal, CORVELLE (SAN BARTOLOME), Vilalba, Lugo
Varios textos
Deixebre, DEIXEBRE (SANTA MARÍA), Oroso, A Coruña
O crego e o cativo
Santa Comba, SANTA COMBA (SAN PEDRO), Lugo, Lugo
Cousas do demo
A Manda, COIRO (SANTA MARÍA), Mazaricos, A Coruña
Os novos inventos
Melide, MELIDE (SAN PEDRO), Melide, A Coruña
As diversións e a mocidade de antes
Roo de Abaixo, ROO (SANTA MARÍA), Noia, A Coruña
O ferreiro e mailo cura
Ouselle, OUSELLE (SAN COSME), Becerreá, Lugo
As ruadas
A Portela de Lamas, PARDESOA (SANTIAGO), Forcarei, Pontevedra
Vacacións en Ibiza
Líncora, LÍNCORA (SAN PEDRO), Chantada, Lugo
Algúns retallos da guerra do 36
Ameneiro, CALO (SAN XOÁN), Teo, A Coruña
A pesca no banco sahariano
O Outeiro, CARREIRA (SAN PAIO), Ribeira, A Coruña
Varios texos
Friamonde, CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra
O portugués e a mula
Vilardevós, VILARDEVÓS (SAN MIGUEL), Vilardevós, Ourense
A mata do porco
Torneiros, RÍO CALDO (SANTA MARÍA), Lobios, Ourense
O traballo na viña
Lougares, LOUGARES (SAN FIZ), Mondariz, Pontevedra
Varios textos
A Calle, GOIÁN (SAN CRISTOVO), Tomiño, Pontevedra
Varios textos
A Lagúa, LAMAS (SAN ISIDRO), Triacastela, Lugo