A identidade sonora de Compostela
TweetCaracterísticas
Unha experiencia de gravación colectiva do son ambiente da cidade vella de Santiago de Compostela, realizada no marco da xornada "Os arquivos sonoros: memoria e patrimonio", organizada polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega e realizada nos días 5 e 6 de febreiro de 2020.
Procedemento
Na tarde do mércores 5 de febreiro de 2020, trinta participantes, seguindo unhas indicacións establecidas por Xosé Ramón Pousa, coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia, realizaron gravacións ambientais do son do casco histórico compostelá. As gravacións simultáneas rexistraron o son ambiente da cidade entre as 16:57 e as 17:03, coa campá da Berenguela como elemento común. A colección foi editada para a súa publicación no Mapa Sonoro de Galicia por Cris Asenjo, Alexandra Cabana Outeiro e Luciano Pérez.
Máis información de interese
Non hai información dispoñible
