Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

Características

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

Procedemento

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives
Edita: Consello da Cultura Galega
Ano: 2019
Autor: Xosé Lois Foxo

Máis información de interese

Non hai información dispoñible

coleccion
Amosando pezas da categoría: Cantares da seitura