Cancioneiro popular galego

Características

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

Procedemento

No Mapa Sonoro de Galicia aparecen xeolocalizados os documentos sonoros orixinais, onde se evidencian non só as distintas melodías senón as particularidades do facer etnográfico, os puntos de vista emic cando os informantes fan os seus relatos etnográficos, as variantes lingüísticas e fonéticas, etc. Algúns audios orixinais, estruturados para o seu estudo nunha época aínda non dixital, poden dar a entender que están desordenados ou incompletos. Porén, a riqueza etnográfica que transmiten é de indubidable valor para a súa análise pormenorizada.
É preciso apuntar, para unha maior compresión das fichas que acompañan os audios, dous aspectos. O primeiro é que se cita sempre o topónimo oficial e, se nalgún caso non coincide co empregado no momento da recolleita, farase mención. O outro aspecto é que sempre que haxa audios recollidos na publicación editada en papel se cita a numeración que corresponde no volume á transcrición da letra ou musical.

Máis información de interese

Foto: Fía en Forcarei (Pontevedra) en 1951. Fotografía de Manuel Barreiro Ouro. 

coleccion
Amosando pezas da categoría: Desafíos

"Eu tiña moi bo pelo..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.

"/:Tienes una buena cara..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.

"La despedida te doy..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina